5.6.11

Vivo, rosa.


Vivo , rosa.Vivo con medo á morte. Pero non todas as mortes son tan pacientes como a miña. A miña é unha señorita, limpa e educada. Co pelo ben peiteado e os beizos pintados. Non é negra nin sanguenta. Non leva coitelo. Leva unha pluma, rosa. Para facerme cóxegas. A súa pel é suave e os seus ollos verdes. E eu, dramática, ódioa porque eu son a gran vítima, eu son a que sufre, eu son a que chora, eu son a única que vive. Porque a morte ven a por min. Despertar é doado. Pero todos temos a receita do veleno da mazá de Brancaneves. Veneramos o noso ataude de cristal. É gracioso, xa estamos mortos. E nón, non queremos un bico. Asasinamos o noso principe. Somos a verdadeira morte. Eu levo un coitelo agochado no peito. O meu corazón é un burato negro. Os meus ollos foron arrincados suciamente. As miñas bágoas son sangue. Todo é rosa. Matareite pola miña mazá. Todos matamos pola nosa mazá.

Datos personales

Seguidores