20.5.11

Tres segundos.


Adoro esos primeiros dous segundos de cada mañá nos que non sabes dónde estás nin quen eres. Cando non recordas nada nin a ninguén.  Espertar coa posibilidade de voar. Reirse da gravidade. Volver o estado mais puro do teu ser. Unha etérea morte. Cando soamente eres ti. Sen a eterna loita contra o mundo. Non sabes mais que o que encerra a tua pel, perdendo a noción do teu corpo. A tua mente. Ralentizase. Disfruto deles, saboreoos insconcientemente. Desexando que o onírico e o real autoinmolense. Desexando que este froito do vacío, enchame para sempre. Acelerase. Os meus pes acaricianse entre eles e volvo a miña forma humana. Aborrezco ese tercer segundo de cada mañana. Terme que acordar de ti, ter que loitar contra o mundo.

15.5.11

É como bailar.




É como bailar.
Aparentemente fácil.
Coma se brilase unha estrela.
Coma se un paxaro deslizarase no aire.
Coma se unha flor cerrárase coa caricia da lua.
Coma se os teus beizos bicaranme a meixela.
Coma se se me erizarse a pel.
E que crear a constelación mais fermosa 
sexa unir os teus lunares.
É que a tuas palabras sexan o peor furacán.
Coma se me tiveses arrasado.
É como bailar.
Aparentemente fácil.
Que o que mais temía
era non seguir o teu compás.
É como bailar.
Aparentemente fácil.
Nunca souben facelo.

Datos personales

Seguidores