13.4.12



É soidade en carne e oso busca os días brancos e fríos. Brila coma un lóstrego. Unha luz atormentada, unha existencia fugaz asinada cun berro de dor estrondoso. Dor innata, dor triste, dor musical, dor impresa no seu ser. Ouvea á lúa na busca de respostas. ¿Onde atoparás as túas balas de prata? Quixen atraparte pero en min so atopaches días nubrados sen lúa á que amar.

5.6.11

Vivo, rosa.


Vivo , rosa.Vivo con medo á morte. Pero non todas as mortes son tan pacientes como a miña. A miña é unha señorita, limpa e educada. Co pelo ben peiteado e os beizos pintados. Non é negra nin sanguenta. Non leva coitelo. Leva unha pluma, rosa. Para facerme cóxegas. A súa pel é suave e os seus ollos verdes. E eu, dramática, ódioa porque eu son a gran vítima, eu son a que sufre, eu son a que chora, eu son a única que vive. Porque a morte ven a por min. Despertar é doado. Pero todos temos a receita do veleno da mazá de Brancaneves. Veneramos o noso ataude de cristal. É gracioso, xa estamos mortos. E nón, non queremos un bico. Asasinamos o noso principe. Somos a verdadeira morte. Eu levo un coitelo agochado no peito. O meu corazón é un burato negro. Os meus ollos foron arrincados suciamente. As miñas bágoas son sangue. Todo é rosa. Matareite pola miña mazá. Todos matamos pola nosa mazá.

20.5.11

Tres segundos.


Adoro esos primeiros dous segundos de cada mañá nos que non sabes dónde estás nin quen eres. Cando non recordas nada nin a ninguén.  Espertar coa posibilidade de voar. Reirse da gravidade. Volver o estado mais puro do teu ser. Unha etérea morte. Cando soamente eres ti. Sen a eterna loita contra o mundo. Non sabes mais que o que encerra a tua pel, perdendo a noción do teu corpo. A tua mente. Ralentizase. Disfruto deles, saboreoos insconcientemente. Desexando que o onírico e o real autoinmolense. Desexando que este froito do vacío, enchame para sempre. Acelerase. Os meus pes acaricianse entre eles e volvo a miña forma humana. Aborrezco ese tercer segundo de cada mañana. Terme que acordar de ti, ter que loitar contra o mundo.

15.5.11

É como bailar.




É como bailar.
Aparentemente fácil.
Coma se brilase unha estrela.
Coma se un paxaro deslizarase no aire.
Coma se unha flor cerrárase coa caricia da lua.
Coma se os teus beizos bicaranme a meixela.
Coma se se me erizarse a pel.
E que crear a constelación mais fermosa 
sexa unir os teus lunares.
É que a tuas palabras sexan o peor furacán.
Coma se me tiveses arrasado.
É como bailar.
Aparentemente fácil.
Que o que mais temía
era non seguir o teu compás.
É como bailar.
Aparentemente fácil.
Nunca souben facelo.

Seguidores